América e Hiroshima puxeron a música e a xente as ganas de pasalo ben, mui ben(menos xente da esperada?). A organización coma sempre perfecta, e na que como di a Voz, colaborou unha vez máis Enrique da Casa do Zapateiro, publicista afincando en Barcelona que se encarga do deseño das camisetas, e tamén do regalo adicional deste ano, que consistía nun primeiro capítulo dun misterioso libro aínda sen rematar.
Este ano a temática que inspira a celebración xira en torno a enigmática figura da torre para reclamar a atención dos veciños, visitantes e as institucions e o respeto do valor histórico e artístico da edificación medieval. Deso e de outras moitas cousas tivemos a ocasión de falar con Enrique, tranquilo pero inquieto, cun mar de ideas que por veces aventáxante en anos e tamén en experiencia. Todo un placer coñecelo e compartir mesa!
E despois dete rollo, as fotos. Mañá o regalo extra... por se alguén non o leu... aínda!! e falta a crónica do Castroverde 3 - Guntín 1 que non ten sitio polo momento, xa veremos.
O próximo ano máis e mellor!!!!!
chúzame - Gracias desta volta a Manu, por enviarme a foto da camiseta da festa da xuventude, e o tamén o regalo extra, o primeiro capítulo desta historia que andamos a argallar...
Hai vai a camiseta!!
BOA FESTA!!!!
chúzame - | Resultados | |
|---|---|
| Pradeda - Oural | 1 - 3 |
| Castroverde - Comercial | 1 - 0 |
| Muralla - Garabolos | 2 - 0 |
| Lugo - Calasancio | 2 - 2 |
| Sagrado Cor. - Rubián | 1 - 0 |
| Río Sil - Friol | 1 - 1 |
| Antas - Portomarín | 0 - 4 |
| Lucense - Guntín | 2 - 4 |
O próximo partido será o sábado 27 de decembro as 16.00 no campo Veiga do Olmo e contra o Guntín. Partido aplazado. Todos ao campo... e despois a festa da xuventude!!
Partido aburrido, sen apenas xogo. Os dous equipos con moito medo a perder non se decidiron a ir a polo partido. Decidiu un gol de richard de tres cuartos do campo, coa axuda inestimable do porteiro visitante. Un churro de gol que vale tres puntos.
S.D. Castroverde: 1.-Chino, 2.-Óscar, 3.-Bruno, 4.-Pere, 5.-Juán, 6.-Javi, 7.-Albino, 8.-Héctor, 9.-Iván, 10.-Richard, 11.-Gelo. Tamén xogaron Carlos, Marcos, Rafa e Tino.
| Clasificación | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. Calasancio | 15 | 10 | 4 | 1 | 38 | 12 | 34 |
| 2. Oural | 15 | 9 | 4 | 2 | 39 | 17 | 31 |
| 3. Sagrado Corazón | 15 | 10 | 1 | 4 | 24 | 13 | 31 |
| 4. Muralla | 14 | 8 | 3 | 3 | 27 | 11 | 27 |
| 5. Castroverde | 14 | 8 | 2 | 4 | 24 | 15 | 26 |
| 6. Portomarín | 15 | 7 | 2 | 6 | 23 | 19 | 23 |
| 7. Comercial | 15 | 6 | 5 | 4 | 26 | 24 | 23 |
| 8. Rubián | 14 | 6 | 5 | 3 | 22 | 20 | 23 |
| 9. Río Sil | 14 | 5 | 5 | 4 | 14 | 18 | 20 |
| 10. Friol | 15 | 4 | 5 | 6 | 20 | 21 | 17 |
| 11. Antas | 15 | 4 | 4 | 7 | 23 | 32 | 16 |
| 12. Lugo | 15 | 4 | 2 | 9 | 19 | 36 | 14 |
| 13. Garabolos | 15 | 3 | 3 | 9 | 18 | 28 | 12 |
| 14. Guntín | 13 | 2 | 5 | 6 | 17 | 27 | 11 |
| 15. Pradeda | 13 | 1 | 5 | 7 | 17 | 25 | 8 |
| 16. Lucense | 15 | 0 | 3 | 12 | 13 | 46 | 3 |
chúzame - 














Replicantes...