Vimos sendo unha asociación que nace no ano 2008 baixo a denominación de “Asociación Cultural e Veciñal Santiago de Masocuos” có fin de servir como nexo de unión entre os veciños da parroquia, tanto os da casa, como os foráneos.
Esa primeira idea leva a expandirnos nas nosas áreas de actuación, conseguindo pechar o antigo vertedeiro da parroquia como primeiro gran logro. Actualmente estamos tratando de revitalizar a zona co deseño dun roteiro, arreglo das fontes existentes e a igrexa.
Tamén conseguimos fomentar a lectura a través dun taller que podes visitar en taller.masoucos.org
Temos esta web para poder mostrar ó mundo as nosas iniciativas, o noso traballo, e as nosas inquietudes.
Esperamos que gustedes de todo elo.
Un pouco de historia
No espazo que abarca agora o concello de Baralla, cando se constituíron ás primeiras segregaciónsconstitucionais (en base á constitución de 1812 de Cádiz), existían os concellos de Neira de Xusá e Neira de Rei[1].
A primeira división municipal feita de forma rigorosa, a instancia do Real Decreto do 23 de xullo de 1835, e publicada na correspondente á provincia de Lugo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 22 de novembro de 1835, polo Marqués de Astariz, seguen figurando os mesmos dous concellos do período liberal coas seguintes parroquias:
- Neira de Xusá: Aranza, Arroxo, Baralla, Berselos, Constantín, Covas, Ferreiros, Francos, Guimarei, Laxes, Lebruxo, Neira, Pacios, Piñeira, Picato, Riba de Neira, Sixirei, Vale,Vilachambre, Vilarpunteiro e Vilartelín (no actual concello de Baralla), Pousada (concello de Baleira), Recesende (concello de Castroverde), Traspena, Teixeira e Vilar.
- Neira de Rei: A Frairia, Furís e Masoucos (actual concello de Castroverde), San Martiño de Neira de Rei, San Miguel de Neira de Rei, Penarrubia e Pedrafita (concello de Baralla) eMartín (concello de Baleira).
Estes concellos seguiron en funcionamento ata que a circular da Xunta de Goberno provisorio da provincia de Lugo, do 9 de outubro de 1840, publicada no BOPLU número 84, do 18 de novembro do mesmo ano, a redución de 87 a 62 concellos, e elimina o concello de Neira de Rei, aparecendo como novo concello o de Neira de Xusá, que tiña as parroquias coas que xa contaba, máis as dúas de Neira de Rei (San Martiño e San Miguel), Penarrubia e Pedrafita. Das demais parroquias restantes que pertencían ao desaparecido concello de Neira de Rei, Frairia, Furís e Masoucos pasarían a Castroverde e a parroquia de Martín a Baleira.