Un dos recursos máis importantes da parroqia é a existencia dun gran número de ríos e regos. Así tempos o rego de Masoucos, tamén chamado Cubeiro. Fontes: Abelleira, Alargo, Barral, Caspalledo, Cubeiro, Grobiña, Lamas, Masoucos de Arriba, dos Pollos, Reboira, Senela, Travesela e Trascastro. Nos montes destaca visitar A Devesa (798 metros) e O Puñago (820 metros), cunhas vistas privilexiadas desde ambos. Outro monumento que non se debe perder é a igrexa parroquial. Presenta unha nave rectangular, co teito de madeira a dúas augas sobre tres vigas tirantes. Ten unha porta na fachada sur. Frontispicio de perpiaño de bos bloques de pedra granítica. A porta é adintelada. Espadana dun corpo con dúas troneiras, e unha campá; cimacio cunha troneira e tres pináculos. Protexe o acceso un amplo e forte cabido, cerrado por unha repisa con só acceso frontal; sobre da repisa, como baseamento corrido, elévanse seis piares que soportan o teito, a tres augas. Pola parte interior unha repisa corrida ou podio que serve para asento. O presbiterio é algo máis amplo e elevado cá nave, e cóbrese ás catro augas; con muros caleados, igual que a nave. Arco triunfal de medio punto, rebaixado, de impostas saíntes e pilastras. A sancristía está na parte posterior, na mesma liña, pero máis baixa, a tres augas, con dúas portas de acceso desde o presbiterio. O retablo maior é sinxelo e neoclásico, sen tallas. O retablo sur, de 2 metros, é barroco, con dúas columnas salomónicas con motivos da vide. Santiago peregrino, de 0,70 m, titular; santa María Madanela, de 0,80 m, de sabor romántico; O Salvador, de 0,80 m, bendice coa dereita e sostén a bola do mundo na esquerda. Tallas populares do século XV. Cáliz sinxelo, de prata, de 0,21 m. O castro, que serviu como emprazamento para esta igrexa, xa case non é perceptible (vese ben desde a foto aérea). Descubríronse varios sartegos (sarcófagos) neste castro, e algún deles aproveitouse nas reformas da tapia do adro da igrexa. Tamén destacan dous muiños que se poden ver no ‘Barrial’. Con …